O Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade vén de realizar recentemente novas actividades complementarias á formación: o pasado 23 de outubro o alumnado de primeiro curso do Ciclo formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (modalidade ordinaria e Dual) visitou as instalacións da Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo ademais de asistir a unha charla sobre o funcionamento dos Servizos Sociais do Concello. Así mesmo, o día 13 de novembro os mesmos grupos de alumnado realizaron unha actividade fóra do centro educativo centrada na detección de barreiras arquitectónicas na contorna urbana.
SSC Porta da Auga
Blog do Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade do CIFP Porta da Auga (Ribadeo)
mércores, 20 de novembro de 2019
xoves, 7 de novembro de 2019
CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E O SAMAÍN NO CIFP PORTA DA AUGA
O pasado 30 de outubro toda a comunidade educativa do CIFP Porta da Auga viviu unha xornada distinta con motivo da celebración do Samaín e o Magosto.
Degustáronse castañas recén asadas e ademais todas e todos desfrutamos de xogos organizados polo alumnado do Ciclo Formativo de Educación Infantil. Así mesmo, algunhas e algúns participantes mostraron a súa creatividade cos seus vestidos e disfraces baseados na temática do Samaín.
Para rematar a xornada preparáronse uns pinchos que sentaron base para establecer vínculos e xerar un ambiente de boa convivencia no no noso centro. Moitas grazas a todas as persoas participantes, destacando especialmente o grande labor e esforzo dos/as compoñentes da Comisión de Convivencia do Centro!
mércores, 16 de outubro de 2019
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO NOSO DEPARTAMENTO
Dende o noso Departamento comezamos o curso con bo pé e camiñando cara á participación social... Isto demóstrano as actividades que levamos realizado dende o comezo deste curso:
- Participación na Celebración do Día Mundial do Alzheimer (en colaboración co Centro de Día "A Concordia", Ribadeo).
- Organización da acción de sensibilización "Signos de Diversidade" e realización de obradoiros de Lingua de Signos na Biblioteca do Porta da Auga, por parte do noso alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, con motivo das conmemoracións do Día Internacional das Persoas Xordas e do Día Internacional das Linguas de Signos.
- Participación e colaboración na celebración do Día das Persoas Maiores (en colaboración co Centro de Día e a Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo).
Seguimos camiñando...
martes, 17 de setembro de 2019
mércores, 18 de maio de 2016
"EU SON ELVIRA": UN RELATO SOBRE O BO TRATO ÁS PERSOAS MAIORES
EU SON ELVIRA
Podedes descargalo en format pdf na ligazón da Libraria Institucional da Xunta de Galicia.
PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA
O pasado xoves
día 5 de maio o alumnado do 1º curso do CS de Educación Infantil achegouse a
Burela para colaborar no Correlingua, onde realizaron diversas actividades
dirixidas ós nenos e nenas dos centros educativos da zona da Mariña que participaron
este ano.
VISITA ÁS ESCOLAS INFANTÍS DE BURELA, FOZ E MONDOÑEDO
O alumnado de 1º do CS de Educación Infantil visitou as escolas
infantís de Burela, Foz e Mondoñedo, onde aproveitaron para contar contos
dramatizados ós nenos e nenas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)