mércores, 16 de outubro de 2019

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS Á FORMACIÓN DO NOSO DEPARTAMENTO

Dende o noso Departamento comezamos o curso con bo pé e camiñando cara á participación social... Isto demóstrano as actividades que levamos realizado dende o comezo deste curso: 

  • Participación na Celebración do Día Mundial do Alzheimer (en colaboración co Centro de Día "A Concordia", Ribadeo).
  • Organización da acción de sensibilización "Signos de Diversidade" e realización de obradoiros de Lingua de Signos na Biblioteca do Porta da Auga, por parte do noso alumnado do Ciclo Formativo de Atención a Persoas en Situación de Dependencia, con motivo das conmemoracións do Día Internacional das Persoas Xordas e do Día Internacional das Linguas de Signos.
  • Participación e colaboración na celebración do Día das Persoas Maiores (en colaboración co Centro de Día e a Residencia de Persoas Maiores de Ribadeo).
Seguimos camiñando...




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.