Este curso o CIFP Porta da Auga acolleu a I Semana da Diversidade Funcional, organizada polo Departamento de Servizos Socioculturais e á Comunidade.
Ó longo desta semana desenvolvéronse diversas actividades ó redor da diversidade funcional atendendo a diversos colectivos e realidades.
Contamos coa presenza de Iago Santalla, doutor en Humanidades e Servizos Culturais e Coach educativo, que nos falou da súa teoría do “ilímite”, entendendo este como “a máxima capacidade dunha persoa, aquela que, cando a desenvolve nunca cede ao cansazo, senón o contrario, dá satisfacción, aumenta a autoconfianza e dá forzas para seguir adiante”.
Tamén tivemos a oportunidade de achegarnos á realidade do Trastorno Específico da Linguaxe (T.E.L.), a través dunha Charla-obradoiro impartida por Macarena Campo Lago (logopeda) e Olga Dablanca Legaspi (nai dun neno con T.E.L.), da asociación Capaces Lugo.
Ademais, contamos coa inestimable visita dos/as profesionais e usuarios/as da Fundación “Eu Son”, creada para velar polo benestar das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. Poidemos disfrutar dun pequeno concerto da man do seu grupo de música.
De entre as numerosas actividades que se programaron nesta semana adicada á diversidade, podemos destacar tamén os obradoiros creativos ó redor da diversidade desenvolvidos polo alumnado da familia profesional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.