Un grupo de
antigas alumnas da primeira promoción do CM ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE
DEPENDENCIA, volveu ás aulas do Porta da Auga para contar aos grupos que
cursan o ciclo actualmente, a súa experiencia no eido laboral. O seu testemuño
aportou unha visión especialmente próxima ao alumnado actual, e todos os
presentes tiveron a oportunidade de compartir impresións en relación á
realidade educativa e ás particularidades do traballo nos diferentes ámbitos da
atención ás persoas en situación de dependencia.