martes, 17 de maio de 2016

VISITA PARA COÑECER OS RECURSOS LOCAIS PARA A ATENCIÓN A PERSOAS EN SITUACIÓN DE DEPENDENCIA

Un ano máis, o alumnado de 1º curso do CM de Atención a Persoas en Situación de Dependencia visitou as diferentes instalacións que podemos atopar na zona atendendo aos diferentes perfís dos usuarios. Así, os alumnos/as, ademais de asistir a unha charla introdutoria, tiveron a oportunidade de achegarse á realidade neste ámbito coñecendo o  Centro de Día “ A Concordia”, a vivenda comunitaria e a Residencia para persoas maiores, da man de persoal do concello e dos propios responsables de cada unha das instalacións.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.