O alumnado do segundo curso do Ciclo Medio de Atención a
Persoas en Situación de Dependencia e do segundo curso do Ciclo Superior de
Técnico en Educación Infantil, asistiron a un obradoiro sobre Soporte Vital
Básico, desfibrilación e actuación en atragoamentos.
Para impartilo contouse coa colaboración dunha médica e un enfermeiro do 061, da man dos cales poideron escoitar as situacións reais que se encontran no seu día a día relacionadas con estes temas. Tamén explicaron con detalle como funciona a central de coordinación do 061, dende que se atende a chamada dunha emerxencia sanitaria, ata que se resolve.
A continuación xerouse un coloquio no cal os alumnos lles poideron preguntar calquera dúbida ou curiosidade; para logo, xunto co persoal do 061, practicar e demostrar as súas habilidades nas manobras xa estudadas no módulo de Primeiros Auxilios que cursan.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.