mércores, 18 de maio de 2016

OBRADOIRO DE CONTACONTOS

Unha vez máis contamos coa presenza de Bea Campos, contacontos, actriz e directora teatral, e David, que impartiron un obradoiro de contacontos para o alumnado de 1º curso do CS de Educación Infantil.
Durante dúas horas e media, falounos de como enfrontarse á preparación dun conto para contar, dende escollelo  ata contalo, a disposición do contacontos, onde contar, relaxar, coñecer e desbloquear o corpo.
Todo isto intercalando contos e cantos, que fixo que o traballo se convertera en lecer.