No CIFP Porta da Auga programouse a obra de teatro "O cazo de
Sabela", a cargo dos/as usuarios/as e profesionais da Asociación de Axuda
ó Enfermo Mental da Mariña, unha obra que trata de facer visible a realidade da
enfermidade mental e sensibilizar á sociedade ó redor dela eliminando estigmas
e partindo dende as capacidades e potencialidades de cada persoa.