O alumnado de 1º 2º do CM Atención a Persoas en Situación de
Dependencia, achegouse ata Lugo para coñecer de primeira man o Centro de
Día da Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer ( AFALU) e o Centro
Residencial Asistencial e Ocupacional San Vicente de Paúl, adicado á atención e
educación de persoas con discapacidade. En cada un dos centros, alumn@s e
profesores tiveron a oportunidade de coñecer un recurso directamente asociado
aos contidos do ciclo dende unha perspectiva global e nun contexto
eminentemente práctico, onde se valorou, particularmente, a implicación dos traballadores
na atención aos usuari@s.